Mostrando entradas con la etiqueta PSICOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PSICOLOXÍA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2020

USO DE MASCARILLAS NA INFANCIA

USO DAS MASCARILLAS NA INFANCIA


A partir de mañá, xoves 21 de maio é obrigatorio o uso de mascarillas tal como se indica Orde SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obligatorio da mascarilla durante a situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Mediante a presente orde disponse, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre tres e cinco anos.

O uso xeneralizado de máscaras por parte da poboación xeral para reducir a transmisión comunitaria do SARS- CoV2 está xustificado non só pola súa alta transmisibilidade, senón tamén pola capacidade que demostraron as máscaras para bloquear a emisión de pingas infectadas, moi importante cando non é posible manter a distancia de seguridade.

Así mesmo, é necesario seguir un principio de precaución que permita continuar pola senda da redución dos casos de contaxio da enfermidade no noso país, principalmente cando non se dispón doutras medidas como a vacinación.





Qué tipo de máscara deben usar nenos e nenas?


En caso de utilizar máscaras, nenos e nenas sans a partir de 3 anos deben usar máscaras hixiénicas acordes a cada rango de idade. Existen tres tallas, acordes a cada rango de idade, entre os 3 e os 12 anos. Lembra, ademais, que é importante que un adulto supervise a colocación, o uso e a retirada das máscaras. Nenos e nenas positivos por COVID-19, con síntomas ou asintomáticos positivos deben usar preferentemente máscaras cirúrxicas ou hixiénicas con especificación UNE.
Máis información na Guía de compra de máscaras elaborada polo Ministerio de Sanidade sobre os distintos tipos existentes para adultos e nenos.


¿Cómo poñer e retirar unha mascarilla correctamente?


Os pasos para poñer unha mascarilla correctamente son os seguintes:




¿Qué facer se os nosos fillos rexeitan poñela ou teñen sentimentos de medo?


-Debemos explicarlles qué é unha mascarilla, en qué situacións se emprega, cómo colocala correctamente...
-Para que sexa un elemento mais familiar para os nenos podemos decorar a mascarilla con debuxos e motivos infantís como debuxar unha sonrisa, uns bigotes de gato, unha nariz vermella
- Podemos utilizar como recurso a fantasía, decíndolles que levamos máscaras como se fóramos batman ou ladybug para que o vírus non nos recoñezan.
- Empregar algún conto didáctico como: o do Superhoroe/Superheroína con máscara de Arassac.

A orientadora do centro elaborou una presentación didáctica  en formato ppt na que se traballan todos estes contidos para os nenos de infantil e primaria.
Esperamos que vos guste.


VÍDEOS DE INTERESE

Vídeo de cómo adaptar unha mascarilla quirúrxica de adultos para nenos/as


                                

Cómo fabricar unha mascarilla con tela para nenos de 3 a 12 anos.

                              


ENLACE DE INTERESE

Lucía a miña pediatra ¿CÓMO SE USA UNHA MASCARA ?
https://www.luciamipediatra.com/2020/04/como-se-usa-una-mascarilla/


martes, 12 de mayo de 2020

PAUTAS PARA SAÍR Á RÚA SEN MEDOS

Pautas para saír á rúa sen medos

Moitos dos nenos teñen medo a volver saír a rúa. É normal despois de estar tanto tempo na casa e despois de estar escoitando que había un bichiño perigoso na rúa que nos podía enfermar. Ademais desa mensaxe, eles escoitaron que para protexernos debiamos quedarnos na casa.
A continuación presentamos unha serie de pautas xerais, que logo como coidadores debendes adaptar en función das características e necesidades dos vosos fillos e fillas. 



1. Non lle forces nin lle presiones, cada neno ten o seu ritmo de adaptación á nova normalidade diferente.

2.Avalía os seus medos Que é o que lle da medo? A que o pare a policía pola rúa, a enfermarse, a poñer a máscara.

3. Desmonta os seus medos con calma e agarimo. Co diálogo debes facerlle ver que a situación está a cambiar aos poucos. Podemos empregar a literatura para axudarlles a superar estes medos mediante a literatura por exemplo mediante contos.
Exemplos destes contos son: “O oso larpeiro” do que xa falaramos noutra entrada é titulado Xa podemos saír a rúa”

4. Comparte as túas emocións de maneira positiva, xa que como adultos somos modelos para os nenos.

5.Dálle unha proba de realidade. Por exemplo saíndo primeiro á porta da casa, ver como outros nenos que pasean pola rúa e ir saíndo pouco a pouco para ir aumentando a confianza e poder perder ese medo.

6. É importante explicarlles previamente as normas para saír á rúa: podemos saudar ao noso amigos pero non abrazarlles, podemos pasear pola rúa pero non ir xogar ao parque, a duración é unha hora, teremos que estar preto do familiar, non deberemos tocar obxectos da rúa…

7. Antes de saír lavarémonos as mans e poñerémonos a máscara se a temos. Decideremos se levamos algún xoguete como a bicicleta, os patíns, a pelota…

8. Durante a saída, teremos que cumprir as normas que explicamos anteriormente.

9. Ao regresar a casa, é importante que nos saquemos os zapatos e a roupa, lavarse moi ben as mans con auga e xabón. Falaremos sobre o ben que o pasamos na saída.

Como unha imaxe vale mais que mil palabras, presentamosvos está información con varias infografías elaboradas pola orientadora escolar Amaia Moreno no seguinte CARTAFOL


lunes, 11 de mayo de 2020

IOGA PARA RELAXARNOS


IOGA PARA NENOS E NENAS 

O SAÚDO AO SOL 

Neste  vídeo educativo sobre ioga, os nenos poderán aprender a postura do saúdo ao sol, formada por varias 
posturas como a postura de cobra ou a do can.




O SAÚDO AO SOL CANTADO



O Saludo ao sol cantado para menores de 7 anos e  para tódalas idades.

IOGA CON DIFERENTES POSTURAS DE ANIMAIS
Vídeos educativos de ioga para nenos, cos que poderán aprender a relaxarse de forma diferente coa postura 
do can, do gato, da cobra e de diferentes animais do mar. Aprende as súas posturas e fortalece as costas, 
os brazos e o abdome. Ademais de practicar distintas posturas de ioga, relaxaste unha chea. 

A POSTURA DO CAN




A POSTURA DO GATO



A POSTURA DA COBRA



AS POSTURAS DOS ANIMAIS DO MAR 

Vídeo educativo de ioga para nenos, co que poderán aprender a relaxarse de forma diferente. 
Gustaríache ser tan áxil como os animais do mar? Aprende a postura da tartaruga, a postura do
 cangrexo, a postura da quenlla e a postura da estrela de mar e fortalece as costas, os brazos e abdome. 



IOGA RESPIRANDO

RESPIRACIÓN DA ABELLA



Este é un exercicio de respiración que acouga os pensamentos e libera a ansiedade. Tamén nos axuda a de-
senvolver a concentración. 


RELAXACIÓN DA NUBE




Canción para tumbarse nunha esterilla ou na cama e pechar os ollos, respirando lentamente. Imaxinando ou
 que nos indica a canción flotando entre as nubes.

martes, 5 de mayo de 2020

OS MANDALAS

MANDALAS
Que é un mandala?
A palabra mandala, de orixe sánscrito, unha lingua clásica da India, que significa círculo perfecto. Na RAE, é definida como un debuxo complexo, que adoita ser circular e que representa as forzas reguladoras do universo, servindo na meditación como apoio. Na actualidade atopamos mandalas con todo tipo de formas xeométricas.

        

                                           


10 beneficios de pintar mandalas. 

1. Fomentan a atención e a concentración.
2. Favorecen o desenvolvemento da psicomotricidade fina de mans e dedos.
3. Promoven o benestar interior do neno, ao centrarse nunha actividade pracenteira como é o feito de pintar.
4. Favorecen a súa creatividade e imaxinación.
5. Reducen a tensión e a ansiedade.
6. Axudan a desenvolver a paciencia, o tesón, a perseveranza e a constancia.
7. Permiten que traballemos conceptos xeométricos: círculos, triángulos, cadrados, estrelas, …
8. Posibilitan que introduzamos novo vocabulario, de cores, formas, tamaños ou emocións.
9. Propician o aumento da autoestima, ao permitir que o neno cre algo propio e único.
10. Estimulan o seu sentido estético.

Como  decorar mandalas?

As mandalas pódense pintar usando diferentes técnicas: colorear con ceras, acuarelas,rotuladores, … Outras alternativa é realizar os mandalas con elementos da natureza  como pétalos de flores, follas, tallos, froitos, pedriñas, legumes… É unha última opción sería realizar mandalas pintando pedras redondas e lisas.

Debemos deixar que os nenos e as nenas pinten libremente os mandalas  o seu gusto. Con está técnica os cativos poderán expresar os seus sentimentos a través das cores que empreguen.

Podedes pintar  mandalas dos cadernos, debuxalos  ou  crearlos  con algunha das técnicas explicadas anteriormente.
























Enlaces:

Caderno de 200 mandalas
Mandalas naturais
http://www.attentionworksheets.com/wp-content/uploads/2013/04/natural-mandala-coloring.pdf

Ideas de mandalas naturais en pinterest
Mandalas en pedras
Mandalas de animais

jueves, 30 de abril de 2020

O FRASCO DA FELICIDADE



Boas tardes familias e alumnado:

Propoñemos realizar un frasco da felicidade da filósofa Elsa Punset para favorecer o optimismo tanto de nenos como de adultos. Podemos realizar un frasco para toda a familia.
Como facelo?
1º.En familia escoller un frasco  transparente por exemplo marmeladas, legumes…
2º Decorar o frasco cunha bonita etiqueta.
3º Colocar o frasco da felicidade nun lugar visible do noso fogar.
4º Cada día un membro da familia terá que escribir o mellor que lle paso ou longo do día e apuntalo nun papel. Poden ser cousas sinxelas como unha palabra amable, un sorriso, unha sorpresa, algo que nos saíu ben… Ao escribilo, gravarase no cerebro aínda que non nos deamos conta. Dóbrase o papel e introdúcese no frasco.



Debedes pactar cando abriredes o frasco, pode ser nunha data concreta por exemplo o final período do confinamento ou cando o frasco este cheo...   Lense en familia todas as mensaxes positivas.

Con está técnica  potenciamos distintos aspectos:

- Favorece o pensamento sobre as aspectos positivos que nos ocorren o longo do día.
- Os nenos e adultos aprender a valorar en pequenos detalles, nos que aveces no reparamos.
- O ser unha actividade en familia, mellora a comunicación de tódolos membros.
- Os nenos aprender a ser agradecidos.
- Aprendese a diferenciar os pequenos problemas dos que non o son.

Deixamos algún exemplo de etiqueta por si queredes empregalas ou os sirven de inspiración para crear as vosas e decoralas.





Esperamos que vos guste esta proposta didáctica.

Un abrazo

O departamento de orientación

miércoles, 29 de abril de 2020

A ÁRBORE DOS DESEXOS

Bos días nenos e nenas!

Se queredes estes días podedes realizar en familia un debuxo cunha árbore cos vosos desexos. Outra opción é decorar unha planta ou un arbusto con etiquetas dos desexos coas cousas que vos gustaría que cambiesen no mundo. Seguro que se vos ocurren outras opcións divertidas e creativas como por exemplo "o maio dos desexos".



Este é o meu desexo para toda a comunidade educativa do Ceip Espedregada "Moita saúde para todos e todas" que está feito de dúas formas diferentes en vídeo e cunha foto.


                                    


Esperamos que vos guste esta proposta.
Macarena



sábado, 25 de abril de 2020

CONTO "O OSO LARPEIRO"



Bos días familias:

Presentamos o conto do "Oso larpeiro"  escrito por Carmen Esteban.  O oso larpeiro sabe o que significa pasar moito tempo na casa pola "hibernación" e por iso quere axudar os nenos canda saían a rúa o 26 de abril. Este conto sirve para anticipar a saída, explica as emocións e o mesmo tempo prepara as normas que deberán seguir os nosos fillos e fillas durante as saídas a rúa.




Esperamos que vos guste.

Moito ánimo.

O equipo do departamento de orientación



viernes, 24 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR A RÚA COS FILLOS E FILLAS



Recomendacións elaboradas pola psicóloga Libertad Culebras destinadas os familiares que acompañen os nenos a rúa a partir de domingo 26 de abril do 2020.






jueves, 23 de abril de 2020

GUÍA DE AFRONTAMENTO PSICOSAUDABLE PARA PAIS E NAIS ANTE O COVID 19



Estimadas familias

A continuación presentamos unha guía elaborada polo servizo de psicoloxía aplicada da UNED cunha serie de orientacións destinadas a axudarvos a afrontar de maneira positiva e saudable está situación pola alerta sanitaria do COVID 19.

Máis información e descarga da guía en formato PDF se pinchas no seguinte enlace: 

Guía para familias de afrontamento psicosaudable COVID 19

Esperamos que sexan recursos útiles e do voso interese.


Un abrazo


O equipo do departamento de orientación

martes, 21 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA PASAR A CORENTENA CON NENOS E NENAS



Bos días:
Recordamos unha  serie de aspectos fundamentais para pasar estes días de corentena cos nenos e nenas cuns vídeos de Cruz Vermella moi interesantes.





Esperamos que vos gusten.

Un saúdo

O departamento de orientación

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...