jueves, 30 de abril de 2020

O FRASCO DA FELICIDADE



Boas tardes familias e alumnado:

Propoñemos realizar un frasco da felicidade da filósofa Elsa Punset para favorecer o optimismo tanto de nenos como de adultos. Podemos realizar un frasco para toda a familia.
Como facelo?
1º.En familia escoller un frasco  transparente por exemplo marmeladas, legumes…
2º Decorar o frasco cunha bonita etiqueta.
3º Colocar o frasco da felicidade nun lugar visible do noso fogar.
4º Cada día un membro da familia terá que escribir o mellor que lle paso ou longo do día e apuntalo nun papel. Poden ser cousas sinxelas como unha palabra amable, un sorriso, unha sorpresa, algo que nos saíu ben… Ao escribilo, gravarase no cerebro aínda que non nos deamos conta. Dóbrase o papel e introdúcese no frasco.



Debedes pactar cando abriredes o frasco, pode ser nunha data concreta por exemplo o final período do confinamento ou cando o frasco este cheo...   Lense en familia todas as mensaxes positivas.

Con está técnica  potenciamos distintos aspectos:

- Favorece o pensamento sobre as aspectos positivos que nos ocorren o longo do día.
- Os nenos e adultos aprender a valorar en pequenos detalles, nos que aveces no reparamos.
- O ser unha actividade en familia, mellora a comunicación de tódolos membros.
- Os nenos aprender a ser agradecidos.
- Aprendese a diferenciar os pequenos problemas dos que non o son.

Deixamos algún exemplo de etiqueta por si queredes empregalas ou os sirven de inspiración para crear as vosas e decoralas.





Esperamos que vos guste esta proposta didáctica.

Un abrazo

O departamento de orientación

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...