Pautas
para saír á rúa sen medos
Moitos
dos nenos teñen
medo a volver saír a rúa. É normal despois
de estar tanto tempo na casa e despois
de estar escoitando que había un bichiño
perigoso na rúa que nos podía enfermar. Ademais desa mensaxe, eles
escoitaron que para protexernos debiamos
quedarnos na casa.
A
continuación presentamos unha serie de pautas xerais, que logo como
coidadores debendes
adaptar en función das características e necesidades dos vosos
fillos e fillas.
1.
Non lle forces nin lle presiones, cada neno ten o seu ritmo de
adaptación á nova normalidade diferente.
2.Avalía
os seus medos Que é o que lle da medo? A que o pare a policía
pola rúa, a enfermarse, a poñer a máscara.
3.
Desmonta os seus medos con calma e agarimo. Co diálogo
debes facerlle ver que a situación está a cambiar aos poucos.
Podemos empregar
a literatura para axudarlles
a superar estes medos mediante a literatura por exemplo mediante
contos.
4.
Comparte as túas emocións de maneira positiva, xa que como adultos
somos modelos para os nenos.
5.Dálle
unha proba de realidade. Por exemplo saíndo primeiro á porta da
casa, ver como outros nenos que pasean pola rúa e ir saíndo pouco
a pouco para ir aumentando a confianza e poder perder ese medo.
6.
É importante explicarlles previamente as normas para saír á rúa:
podemos saudar ao noso amigos pero non abrazarlles, podemos pasear
pola rúa pero non ir xogar ao parque, a duración é unha
hora, teremos que estar preto do familiar, non deberemos tocar
obxectos da rúa…
7.
Antes de saír lavarémonos as mans e poñerémonos a máscara se a
temos. Decideremos
se levamos algún xoguete como a bicicleta, os patíns, a pelota…
8.
Durante a saída, teremos que cumprir
as normas que explicamos anteriormente.
9.
Ao regresar a casa, é importante que nos saquemos os zapatos e a
roupa, lavarse moi ben as mans con auga e xabón. Falaremos sobre o
ben que o pasamos na saída.
Como
unha
imaxe
vale mais
que mil palabras, presentamosvos
está información con varias infografías elaboradas pola
orientadora escolar Amaia Moreno no seguinte CARTAFOL