martes, 5 de mayo de 2020

OS MANDALAS

MANDALAS
Que é un mandala?
A palabra mandala, de orixe sánscrito, unha lingua clásica da India, que significa círculo perfecto. Na RAE, é definida como un debuxo complexo, que adoita ser circular e que representa as forzas reguladoras do universo, servindo na meditación como apoio. Na actualidade atopamos mandalas con todo tipo de formas xeométricas.

        

                                           


10 beneficios de pintar mandalas. 

1. Fomentan a atención e a concentración.
2. Favorecen o desenvolvemento da psicomotricidade fina de mans e dedos.
3. Promoven o benestar interior do neno, ao centrarse nunha actividade pracenteira como é o feito de pintar.
4. Favorecen a súa creatividade e imaxinación.
5. Reducen a tensión e a ansiedade.
6. Axudan a desenvolver a paciencia, o tesón, a perseveranza e a constancia.
7. Permiten que traballemos conceptos xeométricos: círculos, triángulos, cadrados, estrelas, …
8. Posibilitan que introduzamos novo vocabulario, de cores, formas, tamaños ou emocións.
9. Propician o aumento da autoestima, ao permitir que o neno cre algo propio e único.
10. Estimulan o seu sentido estético.

Como  decorar mandalas?

As mandalas pódense pintar usando diferentes técnicas: colorear con ceras, acuarelas,rotuladores, … Outras alternativa é realizar os mandalas con elementos da natureza  como pétalos de flores, follas, tallos, froitos, pedriñas, legumes… É unha última opción sería realizar mandalas pintando pedras redondas e lisas.

Debemos deixar que os nenos e as nenas pinten libremente os mandalas  o seu gusto. Con está técnica os cativos poderán expresar os seus sentimentos a través das cores que empreguen.

Podedes pintar  mandalas dos cadernos, debuxalos  ou  crearlos  con algunha das técnicas explicadas anteriormente.
























Enlaces:

Caderno de 200 mandalas
Mandalas naturais
http://www.attentionworksheets.com/wp-content/uploads/2013/04/natural-mandala-coloring.pdf

Ideas de mandalas naturais en pinterest
Mandalas en pedras
Mandalas de animais

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...