Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2020

USO DE MASCARILLAS NA INFANCIA

USO DAS MASCARILLAS NA INFANCIA


A partir de mañá, xoves 21 de maio é obrigatorio o uso de mascarillas tal como se indica Orde SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obligatorio da mascarilla durante a situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Mediante a presente orde disponse, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre tres e cinco anos.

O uso xeneralizado de máscaras por parte da poboación xeral para reducir a transmisión comunitaria do SARS- CoV2 está xustificado non só pola súa alta transmisibilidade, senón tamén pola capacidade que demostraron as máscaras para bloquear a emisión de pingas infectadas, moi importante cando non é posible manter a distancia de seguridade.

Así mesmo, é necesario seguir un principio de precaución que permita continuar pola senda da redución dos casos de contaxio da enfermidade no noso país, principalmente cando non se dispón doutras medidas como a vacinación.





Qué tipo de máscara deben usar nenos e nenas?


En caso de utilizar máscaras, nenos e nenas sans a partir de 3 anos deben usar máscaras hixiénicas acordes a cada rango de idade. Existen tres tallas, acordes a cada rango de idade, entre os 3 e os 12 anos. Lembra, ademais, que é importante que un adulto supervise a colocación, o uso e a retirada das máscaras. Nenos e nenas positivos por COVID-19, con síntomas ou asintomáticos positivos deben usar preferentemente máscaras cirúrxicas ou hixiénicas con especificación UNE.
Máis información na Guía de compra de máscaras elaborada polo Ministerio de Sanidade sobre os distintos tipos existentes para adultos e nenos.


¿Cómo poñer e retirar unha mascarilla correctamente?


Os pasos para poñer unha mascarilla correctamente son os seguintes:




¿Qué facer se os nosos fillos rexeitan poñela ou teñen sentimentos de medo?


-Debemos explicarlles qué é unha mascarilla, en qué situacións se emprega, cómo colocala correctamente...
-Para que sexa un elemento mais familiar para os nenos podemos decorar a mascarilla con debuxos e motivos infantís como debuxar unha sonrisa, uns bigotes de gato, unha nariz vermella
- Podemos utilizar como recurso a fantasía, decíndolles que levamos máscaras como se fóramos batman ou ladybug para que o vírus non nos recoñezan.
- Empregar algún conto didáctico como: o do Superhoroe/Superheroína con máscara de Arassac.

A orientadora do centro elaborou una presentación didáctica  en formato ppt na que se traballan todos estes contidos para os nenos de infantil e primaria.
Esperamos que vos guste.


VÍDEOS DE INTERESE

Vídeo de cómo adaptar unha mascarilla quirúrxica de adultos para nenos/as


                                

Cómo fabricar unha mascarilla con tela para nenos de 3 a 12 anos.

                              


ENLACE DE INTERESE

Lucía a miña pediatra ¿CÓMO SE USA UNHA MASCARA ?
https://www.luciamipediatra.com/2020/04/como-se-usa-una-mascarilla/


martes, 12 de mayo de 2020

PAUTAS PARA SAÍR Á RÚA SEN MEDOS

Pautas para saír á rúa sen medos

Moitos dos nenos teñen medo a volver saír a rúa. É normal despois de estar tanto tempo na casa e despois de estar escoitando que había un bichiño perigoso na rúa que nos podía enfermar. Ademais desa mensaxe, eles escoitaron que para protexernos debiamos quedarnos na casa.
A continuación presentamos unha serie de pautas xerais, que logo como coidadores debendes adaptar en función das características e necesidades dos vosos fillos e fillas. 



1. Non lle forces nin lle presiones, cada neno ten o seu ritmo de adaptación á nova normalidade diferente.

2.Avalía os seus medos Que é o que lle da medo? A que o pare a policía pola rúa, a enfermarse, a poñer a máscara.

3. Desmonta os seus medos con calma e agarimo. Co diálogo debes facerlle ver que a situación está a cambiar aos poucos. Podemos empregar a literatura para axudarlles a superar estes medos mediante a literatura por exemplo mediante contos.
Exemplos destes contos son: “O oso larpeiro” do que xa falaramos noutra entrada é titulado Xa podemos saír a rúa”

4. Comparte as túas emocións de maneira positiva, xa que como adultos somos modelos para os nenos.

5.Dálle unha proba de realidade. Por exemplo saíndo primeiro á porta da casa, ver como outros nenos que pasean pola rúa e ir saíndo pouco a pouco para ir aumentando a confianza e poder perder ese medo.

6. É importante explicarlles previamente as normas para saír á rúa: podemos saudar ao noso amigos pero non abrazarlles, podemos pasear pola rúa pero non ir xogar ao parque, a duración é unha hora, teremos que estar preto do familiar, non deberemos tocar obxectos da rúa…

7. Antes de saír lavarémonos as mans e poñerémonos a máscara se a temos. Decideremos se levamos algún xoguete como a bicicleta, os patíns, a pelota…

8. Durante a saída, teremos que cumprir as normas que explicamos anteriormente.

9. Ao regresar a casa, é importante que nos saquemos os zapatos e a roupa, lavarse moi ben as mans con auga e xabón. Falaremos sobre o ben que o pasamos na saída.

Como unha imaxe vale mais que mil palabras, presentamosvos está información con varias infografías elaboradas pola orientadora escolar Amaia Moreno no seguinte CARTAFOL


sábado, 25 de abril de 2020

CONTO "O OSO LARPEIRO"



Bos días familias:

Presentamos o conto do "Oso larpeiro"  escrito por Carmen Esteban.  O oso larpeiro sabe o que significa pasar moito tempo na casa pola "hibernación" e por iso quere axudar os nenos canda saían a rúa o 26 de abril. Este conto sirve para anticipar a saída, explica as emocións e o mesmo tempo prepara as normas que deberán seguir os nosos fillos e fillas durante as saídas a rúa.




Esperamos que vos guste.

Moito ánimo.

O equipo do departamento de orientación



domingo, 12 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA EXPLICAR O ALUMNADO O COVID- 19


Documento elaborado polo colexio oficial de psicólogos de Madrid destinado a explicar os nenos de 4 a 10 anos que é o COVID 19.




Conto "ROSA CONTRA O VIRUS" destinado a explicar o coranavirus de maneira amena para os nenos de educación infantil.



Presentación do conto: ROSA CONTRA O VIRUS

Descarga en PDF

Esperamos que vos guste.




CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...