domingo, 20 de noviembre de 2022

RECURSOS DE APRENDIZAXE LINGUA GALEGA PARA ALUMNADO ESTRANXEIRO

 

ABECEDARIO EN GALEGO

https://snl.vigo.org/storage/arquivos/20130614115013b00483a7a720f32883a952a133f73f97.pdf

DICIONARIO VISUAL CASTELÁN-GALEGO ARASAC.

Autora Eva María Mouro García

https://static.arasaac.org/materials/2004/Diccionario_Visual_Castellano_Galego_I.pdf

https://static.arasaac.org/materials/2004/Diccionario_Visual_Castellano_Galego_II.pdf

DICIONARIO VISUAL INTERACTIVO  para o alumnado procedente do estranxeiro

http://centros.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/

XABARIN TVG

http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg

Xabarín TVG permite ver os debuxos animados 100% en galego en streaming.

A APP incorpora un control parental desde os 3 ata os 14 anos. Pódense seleccionar todas as idades ou só aquelas que os pais consideren como contidos adecuados para os seus fillos/as.


Un saúdo 

A xefa do  departamento de orientación

Macarena


lunes, 20 de junio de 2022

RUTINAS DE VERÁN PARA OS ESCOLARES

 



EXERCICIOS PARA DISLALIAS DA "R"

 

Dende o departamento de orientación o mestre de audición e linguaxe recomenda para afianzar a pronuncia do fonema R as seguintes actividades:

VÍDEO: "PRAXIAS /R/"


 VÍDEO: "APRENDE A PRONUNCIAR A /R/"


LÁMINAS PARA APRENDER A COLOCAR A LINGUA E PRONUNCIAR BEN A "R FORTE"

Un saúdo 

A orientadora


jueves, 2 de junio de 2022

AXUDAS ALUMNADO NECESIDADE EDUCATIVA DE APOIO ESPECÍFICO CURSO 2022-23

 





Para máis información  sobre a convocatoria de axudas consultar co departamento de orientación no horario de atención da orientadora os luns de 9-14 horas e os xoves de 12:15-14 horas. 


A documentación entregarase na secretaría do centro educativo sendo preciso pedir cita previa antes do remate do plazo de solicitude de becas.

domingo, 5 de septiembre de 2021

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE EDUCATIVA DE APOIO ESPECÍFICO

 Aberto o prazo para a solicitude de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo ( NEAE) do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o próximo curso 21/22.

DESTINATARIOS

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo(NEAE) incluídos:

    • Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade(TDAH)
    • Trastorno do Espectro Autista(TEA)
    • Altas capacidades intelectuais
    • Trastornos Graves de Comunicación e Linguaxe
    • Trastornos Graves da Conduta
    • Alumnado con discapacidade 

REQUISITOS XERAIS:

·         O alumnado con altas capacidades intelectuais deben acreditar esta necesidade específica de apoio educativo  mediante un certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou dun departamento de orientación.

·         O alumnado que presenten necesidade educativas especiais derivadas de discapacidadetrastorno grave da conduta, ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe deben acreditar necesidade educativa  de apoio educativo mediante: 

-Certificado de discapacidade, de  polo menos dun 33 por cento, no caso de alumnos con discapacidade

-Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou dun departamento de orientación, no caso de alumnos con trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

·         O alumnado con  Trastorno de espectro autista (TEA), que requiran apoios educativos poderán obter axudas mediante:

- Certificado médico de expedido polos servizos de saúde públicos e acreditar necesidade educativa específica de apoio educativo mediante certificado do departamento de orientación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN da solicitude: 3/8/2021 ao 30/9/2021

CUANTÌAS DAS AXUDAS:

 -Reeducación pedagóxica e reeducación da linguaxe,913 €  por cada unha delas.

- Programas complementarios á educación regrada destinados a altas capacidades, 913 €.

O formulario da solicitude cumprimentarase en liña a través da seguinte dirección:

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1554

Unha vez cuberta a  solicitude telemática, hai dúas opcións:

·         Solicitantes con claves electrónicas de administracións públicas con certificado de firma electrónica: presentárase a través do rexistro telemático deste Ministerio, achegando en formato PDF(escaneado) a documentación requerida pola propia aplicación.

·         Solicitantes sen certificado de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude  e presentarano, unha vez asinado por todos os membros da unidade familiar que deban facelo, no centro educativo no que se vaian a realizar os estudos durante o curso 2021-2022. Neste  caso deben solicitar  cita previa para entregar a documentación no teléfono 886151463 do CEIP Espedregada ou no correo electrónico do ceip.espedregada@edu.xunta.gal .

DOCUMENTACIÓN

Para tódolas axudas:

1º Certificación expedida polo inspector da zona.

2º Informe  específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanais.

3°. Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual.

4°. Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe de que reúne os requisitos de formación esixidos.

5º Outros:

  -En función do tipo de beneficiario (certificado de discapacidade e ditame técnico emitido pola Consellería de Política social, informe médico  no caso de  alumnos con Trastorno do Espectro Autista…)

- En función da situación familiar (Título de familia numerosa, certificado de familia monoparental, certificado de orfandade absoluta,...)

LIGAZÓNS DE INTERESE:

·         Acceso á convocatoria oficial das axudas : Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2021 - 2022) | Ministerio de Educación y Formación Profesional (educacionyfp.gob.es)

·         Acceso á convocatoria en lectura fácil: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

PARA ACLARACIÓNS OU DÚBIDAS

Escriban un correo electrónico a orientadora, macarena.gonzalez@edu.xunta.gal ou chamen por teléfono os luns de 9-14 horas.

jueves, 3 de junio de 2021

PASAPALABRA VERBOS

Ola de novo!!

Hoxe preséntovos estes divertidos xogos de "pasapalabra" para que repasedes os verbos. Podedes xogar na casa coa familia.
Xa sabedes que os verbos son palabras que expresan accións ou estados.
Comezamos cun máis doado para ir quentando.
Lembrade que tendes 10 minutos para superar a proba.






Agora un pouquiño máis complexo.




Que tal vos foi?
Agardo que  pasedes un anaco entretido e que non haxa verbo que se vos resista.

Saúdos, da profe Lola.


 

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...