domingo, 5 de septiembre de 2021

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE EDUCATIVA DE APOIO ESPECÍFICO

 Aberto o prazo para a solicitude de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo ( NEAE) do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o próximo curso 21/22.

DESTINATARIOS

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo(NEAE) incluídos:

    • Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade(TDAH)
    • Trastorno do Espectro Autista(TEA)
    • Altas capacidades intelectuais
    • Trastornos Graves de Comunicación e Linguaxe
    • Trastornos Graves da Conduta
    • Alumnado con discapacidade 

REQUISITOS XERAIS:

·         O alumnado con altas capacidades intelectuais deben acreditar esta necesidade específica de apoio educativo  mediante un certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou dun departamento de orientación.

·         O alumnado que presenten necesidade educativas especiais derivadas de discapacidadetrastorno grave da conduta, ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe deben acreditar necesidade educativa  de apoio educativo mediante: 

-Certificado de discapacidade, de  polo menos dun 33 por cento, no caso de alumnos con discapacidade

-Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou dun departamento de orientación, no caso de alumnos con trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

·         O alumnado con  Trastorno de espectro autista (TEA), que requiran apoios educativos poderán obter axudas mediante:

- Certificado médico de expedido polos servizos de saúde públicos e acreditar necesidade educativa específica de apoio educativo mediante certificado do departamento de orientación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN da solicitude: 3/8/2021 ao 30/9/2021

CUANTÌAS DAS AXUDAS:

 -Reeducación pedagóxica e reeducación da linguaxe,913 €  por cada unha delas.

- Programas complementarios á educación regrada destinados a altas capacidades, 913 €.

O formulario da solicitude cumprimentarase en liña a través da seguinte dirección:

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1554

Unha vez cuberta a  solicitude telemática, hai dúas opcións:

·         Solicitantes con claves electrónicas de administracións públicas con certificado de firma electrónica: presentárase a través do rexistro telemático deste Ministerio, achegando en formato PDF(escaneado) a documentación requerida pola propia aplicación.

·         Solicitantes sen certificado de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude  e presentarano, unha vez asinado por todos os membros da unidade familiar que deban facelo, no centro educativo no que se vaian a realizar os estudos durante o curso 2021-2022. Neste  caso deben solicitar  cita previa para entregar a documentación no teléfono 886151463 do CEIP Espedregada ou no correo electrónico do ceip.espedregada@edu.xunta.gal .

DOCUMENTACIÓN

Para tódolas axudas:

1º Certificación expedida polo inspector da zona.

2º Informe  específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanais.

3°. Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual.

4°. Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe de que reúne os requisitos de formación esixidos.

5º Outros:

  -En función do tipo de beneficiario (certificado de discapacidade e ditame técnico emitido pola Consellería de Política social, informe médico  no caso de  alumnos con Trastorno do Espectro Autista…)

- En función da situación familiar (Título de familia numerosa, certificado de familia monoparental, certificado de orfandade absoluta,...)

LIGAZÓNS DE INTERESE:

·         Acceso á convocatoria oficial das axudas : Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2021 - 2022) | Ministerio de Educación y Formación Profesional (educacionyfp.gob.es)

·         Acceso á convocatoria en lectura fácil: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

PARA ACLARACIÓNS OU DÚBIDAS

Escriban un correo electrónico a orientadora, macarena.gonzalez@edu.xunta.gal ou chamen por teléfono os luns de 9-14 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...