miércoles, 20 de mayo de 2020

USO DE MASCARILLAS NA INFANCIA

USO DAS MASCARILLAS NA INFANCIA


A partir de mañá, xoves 21 de maio é obrigatorio o uso de mascarillas tal como se indica Orde SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obligatorio da mascarilla durante a situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Mediante a presente orde disponse, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre tres e cinco anos.

O uso xeneralizado de máscaras por parte da poboación xeral para reducir a transmisión comunitaria do SARS- CoV2 está xustificado non só pola súa alta transmisibilidade, senón tamén pola capacidade que demostraron as máscaras para bloquear a emisión de pingas infectadas, moi importante cando non é posible manter a distancia de seguridade.

Así mesmo, é necesario seguir un principio de precaución que permita continuar pola senda da redución dos casos de contaxio da enfermidade no noso país, principalmente cando non se dispón doutras medidas como a vacinación.





Qué tipo de máscara deben usar nenos e nenas?


En caso de utilizar máscaras, nenos e nenas sans a partir de 3 anos deben usar máscaras hixiénicas acordes a cada rango de idade. Existen tres tallas, acordes a cada rango de idade, entre os 3 e os 12 anos. Lembra, ademais, que é importante que un adulto supervise a colocación, o uso e a retirada das máscaras. Nenos e nenas positivos por COVID-19, con síntomas ou asintomáticos positivos deben usar preferentemente máscaras cirúrxicas ou hixiénicas con especificación UNE.
Máis información na Guía de compra de máscaras elaborada polo Ministerio de Sanidade sobre os distintos tipos existentes para adultos e nenos.


¿Cómo poñer e retirar unha mascarilla correctamente?


Os pasos para poñer unha mascarilla correctamente son os seguintes:




¿Qué facer se os nosos fillos rexeitan poñela ou teñen sentimentos de medo?


-Debemos explicarlles qué é unha mascarilla, en qué situacións se emprega, cómo colocala correctamente...
-Para que sexa un elemento mais familiar para os nenos podemos decorar a mascarilla con debuxos e motivos infantís como debuxar unha sonrisa, uns bigotes de gato, unha nariz vermella
- Podemos utilizar como recurso a fantasía, decíndolles que levamos máscaras como se fóramos batman ou ladybug para que o vírus non nos recoñezan.
- Empregar algún conto didáctico como: o do Superhoroe/Superheroína con máscara de Arassac.

A orientadora do centro elaborou una presentación didáctica  en formato ppt na que se traballan todos estes contidos para os nenos de infantil e primaria.
Esperamos que vos guste.


VÍDEOS DE INTERESE

Vídeo de cómo adaptar unha mascarilla quirúrxica de adultos para nenos/as


                                

Cómo fabricar unha mascarilla con tela para nenos de 3 a 12 anos.

                              


ENLACE DE INTERESE

Lucía a miña pediatra ¿CÓMO SE USA UNHA MASCARA ?
https://www.luciamipediatra.com/2020/04/como-se-usa-una-mascarilla/


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...