martes, 28 de abril de 2020

TANGRAM


O tangram é un tipo de quebracabezas ou puzzle formado por 7 pezas cuxas posibilidades son infinitas. Usando as 7 pezas podemos crear tantas figuras de Tangram como queiramos. Nesta ocasión ofrecémosvos o modelo de Tangram para imprimir, ou para colorear, como vós prefirades. 





O Tangram é un xogo de formas xeométricas de orixe chinesa formado por 7 pezas. Por este motivo, este xogo chinés tamén se denomina "Os sete taboleiros abraiantes". As pezas que o compoñen chámanse tamén «tans».


O Tangram está composto por:
  • 1 cadrado
  • 1 rombo 
  • 5 triángulos
O xogo Tangram clásico chinés ten basicamente dúas regras simples. Ao formar figuras e xogar con el, debemos ter en conta o seguinte:
  •  Para formar as figuras, sempre debes usar as 7 pezas.
  •  Non se pode superpoñer ningunha parte a outra.

Sabedes cantas cousas podemos traballar con este material?

- Creatividade

- Figuras xeométricas planas

- Pensamento espacial

- Memoria

- Cores...

Neste  vídeo podedes ver máis información sobre o clásico xogo de Tangram e como facer o teu propio quebracabezas.


Animádevos a facer este quebracabezas en forma de tangram.Propóñovos unha chea de ideas de figuras, con formas de animais, obxectos, números... que podedes formar con el.
 

















Espero que pasedes un anaco entretido!
Unha aperta!!Profe Lola.

 Todvai saír ben! 🌈

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...