martes, 28 de abril de 2020

MAIOS


Bo día!!
Ficade ben atentos as actividades da festa dos maios. Una tradición cultural que celebra a chegada da primavera.
                        
          QUE  VES  NA  FOTO?                                     SABES  O  QUE SON? FESTA DOS MAIOS GALEGA, FIESTA DE LOS MAYOS GALLEGA – MISTERIOS Y ...                                             Turismo en Galicia: Caminatas, fiestas y actividades recomenadas
 FIXECHES ALGÚN MAIO ALGUNHA VEZ?                                 
ORIXE DA FESTA DOS MAIOSFiesta de Os Maios en Galicia – Blog A Quinta da Auga
             O día 1 de maio, celébrase o “día dos maios” que seguramente terás celebrado na escola ou viches na televisión algunha vez. En Galicia é moi típica e, sobre todo, en Pontevedra. Consiste na elaboración dunhas estructuras que poden ter diversas formas (cono, cruceiro, barco…) e que están forradas con fiuncho, herbas, flores, ovos, laranxas….
            Esta é unha tradición que nos chega de moi antigo, dos celtas concretamente, que tiñan celebracións relacionadas coas colleitas, e aquí queremos explicar un pouquiño de onde procede esta tradición.
           A festa celta chamada BELTANE (“bo lume” / “lume luminoso”), que actualmente se chama FESTA DOS MAIOS, celebrábase ó 1 de maio para celebrar a nacente vexetación. Esta é a festividade da sexualidade e a fertilidade. Esta festa marca o inicio da metade iluminada do ano que estaba adicada ao deus celta Belenos ou Bel, divinidade da luz e o lume. Na outra metade do ano celebrábase outra festa, que seguro que coñeces, O Samhaín, que se corresponde co periodo de outono e inverno e por tanto onde hai menos luz.
        A data é importante xa que o comezo do verán para os celtas era cinco semanas antes do solsticio e cinco despois do equinoccio – é importante ter en  conta que as semanas celtas eran de 9 días-.
       Os DRUÍDAS guiábanse pola estrela Maio da constelación das Pleides. Nesta festa os druidas tamén acendían fogueiras e era costume que o gando as atravesase para que, daquel modo, quedasen libres de enfermidade durante o ano. Ademais, levaban o lume de casa en casa para identificar o ano novo dos celtas. Isto recórdanos ao noso San Xoan.

    PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN SOBRE O TEXTO:
a) Agora, sinala aquelas palabras que non coñezas e tenta buscar o significado. Se non poideras, podes preguntarme e axúdoche.
b) Intenta agora expresar en cinco ou seis liñas de que fala o texto. 
c) O texto fálanos de dous deuses celtas, que se corresponden coas distintas partes do ano. Cales son eses deuses e que época do ano enmarcan?
d) Tenta imaxinar como farían esa festa que nos describe o texto, e represéntao cun debuxo.
 No texto fálase dos DRUÍDAS. Na cultura celta eran moi importantes. Eran moi sabios, coñecían a maxia e as herbas para facer apócemas.
 Hai un druida que seguro que coñecedes dos cómics de ASTÉRIX a que si? PANORAMIX, O DRUÍDA .

Esta é apócema que está a facer:
BEBEDIZO
Pelo de gatodibujos-asterix-018-druida | Dibujos y juegos, para pintar y colorear
Dente de león
Folla de berza
Un Saramago
 3 litros de auga de regueiro
1/2 hora de caldeiro
Con este bebedizo aprobas o galego!!!!
Agora tócache a ti facer unha APÓCEMA OU BEBEDIZO. Ponlle imaxinación!!! Canto máis asquerosa 
mellor...
                                                                     Resultado de imagen de foto pergamino                                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...