miércoles, 15 de abril de 2020

TABÚ CORONAVIRUS

Ola de novo!!
Hoxe tráiovos un xogo que non pode faltar nestes días que temos que permanecer na casa e podemos aproveitar xogando coa familia.

Tabú, se xoga en equipos de varias persoas, é un xogo excelente para traballar vocabulario.
O obxectivo deste xogo é que o xogador dun equipo consiga que o seu compañeiro ou parella  adiviñen a palabra que están a describir, é dicir, sen mencionar as palabras tabú escritas na tarxeta.


Para eso tes que pensar rápido, falar rápido e non dicir unha palabra tabú, ou  perderás un punto.
Gana o equipo que obteña o máximo número de puntos adiviñando a maioría das palabras.


Podedes descargalo aquí e se non tendes impresora, podedes fabricalo vós, copiando as palabras en tarxetiñas.
Espero que o pasedes moi ben xogando!!

Saúdos da profe Lola.


Todvai saír ben! 🌈  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...