miércoles, 29 de abril de 2020

MAIOS.COPLAS



Bo día amiguiños!! Voltamos aos maios.

      Non sabemos se algunha vez participaches en algún pero, imos imaxinar que estamos na escola e que imos facer un maio enorme. Temos que saber os pasos para facelo.
 Nestes video podédelo ver, tamén con estas imaxes.

                                                            FESTA DOS MAIOS - PONTEVEDRA . LIGAZÓN

                                                                               


  Pero, vou a poñer aquí os pasos dun maio, mirade: 

A piques de ver o maio... - Faro de Vigo1º Deseñamos o maio e despois  hai que  buscar fiuncho e flores ao campo. 

         





comenius1012 | en Europa cos nosos amigos | Páxina 3O 2º paso é comezar a rechear o armazón do maqueio con moitas capas de fiuncho, que é esa herba  que cheira moi doce. Despois quitanse os rabos ás flores para facer os colares. Tamén cos ovos fanse colares.





 Para rematar, fanse os colares con flores, ovos e laranxas, e adórnase por riba do fiuncho. 

MIRADE QUE BONITO QUEDOU O MAIO!!! 


                Ven a celebrar la Fiesta dos Maios en el Restaurante Viva Galicia ...

   AO FINAL, CANTANSE  AS COPLAS DO MAIO . QUE DIVERTIDO!!! 
É tradición que se fagan coplas para o maio, para que logo sexan cantadas polos nenos e nenas. Aquí tedes algunhas: 

Levántate maio         ¿Vístelo maio?      Este mes de maio     
que tanto dormiches,   ¿vistelo ben?       é o mes das flores
xa pasou o inverno     Se non o vistes     cando os paxariños
e non o sentiches.     velo eiqui ven.     ven ós seus amores.




PROPÓÑOVOS QUE FAGADES ALGUNHA COPLA. Recorda que ten que rimar o 2º e o 4º verso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO EQUIPO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONTACTO

Estimadas familias: Se algunha familia  quere preguntar calquera dúbida ou solicitar algún tipo de asesoramento os membros do departamento...