Bos días:
Presentamos unhas frases ilustradas que nos
poden axudar a relativizar está situación polos mensaxes positivos que
transmiten. Se queredes podedes escribilas e ilustralas o voso gusto para
decorar a habitación.
Esperamos que sexan unha fiestra aberta a
esperanza, a ilusión e optimismo que precisamos nestes días tan
complicados.
Pensa o significado das seguintes frases.
"Despois da tempestade sempre chega a calma"
"Se
queremos ver o arco da vella debemos aprender a gozar debaixo da chuvia"
"Ningún
mar en calma fixo experto o mariñeiro/a"
PISTAS
PISTA 1 "Despois da tempestade sempre chega a calma"
Estes son momentos difíciles por non poder saír a rúa , pero pensade que esta é unha situación temporal e cando pase poderemos volver a normalidade da nosa vida.
Quizais un pouco diferente as nosas costumes anteriores e aprenderemos a valorar pequenos xestos como unha simple caricia, un bico, un abrazo... Non desesperedes pronto chegará a calma e brillará o sol.
PISTA 2 :"Se queremos ver o arco da vella debemos aprender a gozar debaixo da chuvia"
Neste momento botamos en falta saír dar un paseo, respirar a brisa do mar, xogar cos amigos, ir a un parque.... pero debemos aprender a ver os aspectos positivos que temos. Por exemplo podemos pasar mais tempo coa familia, realizar actividades lúdicas, aprender a ser responsables, aprender a usar as novas tecnoloxías, aprender a elaborar recetas.... Debemos aprender a ver as cores do arco iris e o lado positivo desta situación-
PISTA 2:"Ningún mar en calma fixo experto o mariñeiro/a"
Dos momentos difíciles é cando aprendemos leccións para o resto da nosa vida. Este tempo de confinamento quizais nos sirva para aprender a importancia da saúde, dos servizos básicos, a colaboración, a solidariedade, a valorar as relación de vecindario…
Moito ánimo e continuade sendo optimistas porque ” todo vai saír ben”
Un abrazo
Macarena
No hay comentarios:
Publicar un comentario