Hola amiguiñ@s!
Deíxovos varias actividades para repasar as categorías gramaticais (substantivos, adxectivos e verbos), dirixidas ao alumnado de primaria.
Actividade nº1: Xogo do Stop (substantivos)
Divide un folio en varias celas e escribe na parte superior o nome de diferentes conxuntos de elementos, tal como aparece na imaxe.
O primeiro xogador di unha letra e, rápidamente, todos tendes que encher as celas con substantivos que comecen coa letra acordada.
O primeiro que complete toda a fila de palabras interrompe o xogo dicindo "Stop".
Contaremos un punto por cada palabra correcta, anotando o resultado da suma dos puntos obtidos na última cela.
Cada xogador elexirá na súa quenda unha letra e proseguiremos xogando da mesma maneira.
Actividade nº2:
Depende de los dos (adxectivos)
Buscade os adxectivos que aparecen no retrouso desta canción:
Ao rematar, podedes mover un pouco o esquelete coa coreografía. Botade un ollo nesta ligazón.
Actividade nº3: Adiviña que fago! (verbos)
Cada xogador ou xogadora dramatizará unha acción e o resto de participantes terán que adiviñar o que está a representar (beber, saltar, escribir, durmir, pintar, nadar...). Recordade que a persoa que representa a acción no pode falar!
Por último, nesta ligazón podedes atopar unhas láminas de ARASAAC para repasar as categorías gramaticais.
Unha aperta e moito ánimo! 🌈
No hay comentarios:
Publicar un comentario